CAMBADOS> Sabela Fole será a candidata do partido popular ás vindeiras eleccións municipais do 2023. A avogada cambadesa colle a testemuña de Luís Aragunde como voceira da formación tras recibir o apoio unánime do partido popular cambadés. Tanto Luís Aragunde como a formación a nivel provincial manifestaron a confianza en Sabela para que Cambados volva ser un referente dentro da comarca.
Tras ser o alcalde de Cambados durante 6 anos e ser o líder do partido máis votado nas últimas dúas eleccións da vila, Luís Aragunde dá un paso a un lado por motivos persoais e deixa o seu posto a Sabela Fole. A avogada liderará a formación nas vindeiras eleccións municipais do 2023 grazas ao voto por unanimidade do partido popular cambadés.
Ao apoio de Luís Aragunde e de toda a xestora local do PP cambadés súmase o partido a nivel provincial. Consideran que Sabela é a mellor candidata de Cambados ante a inestabilidade provocada polos diferentes partidos que gobernan.
Sabela mostrouse moi ilusionada e agradecida polo apoio recibido. O seu obxectivo é atender as cuestións que máis afectan a Cambados, como o sector do mar, o sector vitivinícola, o estado das parroquias e o proxecto de remodelación da praza de Abastos.
Luís Aragunde continuará como concelleiro para acompañar a Sabela nestes últimos meses de mandato. A formación agarda que con Sabela como alcaldesa, Cambados recupere o seu nivel referencial dentro da comarca.