‘A GUAU non lle vexo futuro nin posibilidade de manter os empregos’

    guau copia.jpg VILAGARCÍA> A sindicalista da CIG Rosa Abuín teme que os procesos xudiciais abertos, as débedas e a falta de dirección acabarán pechando a conserveira.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_GUAU111111.flv{/flowplayer}

    Segundo informaron desde a CIG o proceso xudicial foi iniciado por un dos socios, a empresa Trimarín, por unha suposta estafa por valor de cinco millóns de euros por parte do comprador real da fábrica, Apicale. Isto se o sumamos ó elevado pasivo de débedas que presenta GUAU, segundo Rosa Abuín, fai que esteamo a falar dunha empresa que non ten recuperación nin futuro.

    Ademais, nestes momentos non existe un equipo directivo e as instalacións están paralizadas. Síntomas todos eles, resaltaron desde a CIG, que fan que o grupo empresarial estea incorrendo nun delito ó non presentar un concurso de acredores voluntario.

    Agora, sinalou Abuín, serán os xulgados os que ditaminen quenes son os responsables desta situación. Proceso que seguirán de preto. A xunta, dixo, tamén terá que pedir responsabilidades xa que teñen un aval por valor dun millón de euros.

    Redacción Salnés