![]()
CALDAS> De momento, queda no aire o Expediente de Regulación de Emprego extintivo para os 140 traballadores da fábrica caldense de Clesa.
{flowplayer}images/salnes/reunion_xuiz_clesa_madrid.flv{/flowplayer}
CALDAS> De momento, queda no aire o Expediente de Regulación de Emprego extintivo para os 140 traballadores da fábrica caldense de Clesa.
Con esta nova regresou onte de Madrid a delegación do comité de empresa e representantes políticos, que se reuniron co xuíz encargado do proceso, Francisco Javier Vaquer. No encontro tamén se desvelou que a de Feiraco é agora a única oferta firme que hai pola planta de Saiar, pero non prospera, de momento, porque está por debaixo das expectativas dos administradores concursais.
Desde o comité de empresa piden celeridade para aclarar o futuro de Clesa. Lamentan que prime só a parte económica e reclama ós administradores concursais que teñan en conta a parte humana. Dolores Ramos lembra que o proxecto de Feiraco contempla recuperar o persoal da fábrica de Saiar.
O panorama é complicado para os traballadores. Dos 140 que figuran no ERE, uns 120 seguen traballando na fábrica para cumprir coa carga de traballo diaria. E os seus salarios están no concurso. O comité de empresa insiste en que un investidor ten que levantar esta fábrica.
Redacción Salnés







