Alomenos cinco detidos nunha operación antidroga en varios concellos do Salnés

O SALNES> A operación contra o tráfico de drogas desenvolta nesta xornada deixa, polo momento, un balance de alomenos 5 persoas detidas en distintos puntos da comarca do Salnés. O operativo está dirixido pola Unidade Central Operativa da Garda Civil e conta co apoio da Unidade de Seguridade Cidadá. Segundo informaron fontes da investigación, en realidade, esta operación sería a continuación doutro operativo realizado o ano pasado.

Dende primeira hora da mañá sucedéronse os rexistros en varios concellos da zona.

O primeiro deles tivo lugar a primeira hora da mañá nun piso da rúa Ourense do Concello de Cambados, a escasos metros da Casa Consistorial.

Tamén se practicaron rexistros en Vilagarcía. Neste caso, un dos detidos foi trasladado ata a cidade contra o mediodía para inspeccionar un garaxe do coñecido Edificio Lara, situado entre a rúa Edelmiro Trillo e a praza de Galicia. Ó termo dos detidos, o detido foi visto en plena rúa, acompañando ós axentes.

De xeito simultáneo a UCO da Garda Civil rexistrou tamén outro inmoble de Vilanova. Esa propiedade localízase nun edificio situado preto da igrexa da localidade.

O balance provisional de 5 persoas detidas podería verse incrementando nas vindeiras horas: esta operación antidroga continúa aberta.