VILANOVA> Gonzalo Durán asegurou que descoñece quenes son os responsables pero informou que a Policía Local xa o está a investigar.
{flowplayer}images/salnes/FALSIFICACION_SINATURAS_CENTRO_COMERCIAL.flv{/flowplayer}
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, deu a coñecer esta mañá posibles irregularidades nas alegacións presentadas contra o proxecto de urbanización da área comercial de Deiro. O rexedor local asegurou que trala carta que lle remitiron desde o concello ós reclamantes, varias persoas chamaron asegurando que non presentaran ningún escrito.
Ademais, Gonzalo Durán asegurou que as case trinta alegacións que se presentaron contra o proxecto de urbanización do centro comercial contiñan o mesmo escrito no que demandaban consultar o expediente administrativo de licenza urbanística das edificacións. O rexedor non culpa a ninguén pero agarde se aclare canto antes.
Polo momento, o alcalde de Vilanova xa deu parte á Policía Local para que inicie unha investigación e se comprobe que as alegacións son reais.
Pola súa banda, o presidente do Consorcio do Salnés, Marcos González, non quixo facer declaracións ó respecto. Por se existise algunha dúbida, sinalou que esa non é a súa maneira de traballar.
Redacción Salnés