Portos de Galicia acondicionará o bordo portuario de Pontecesures

    28

    PONTECESURES> O presidente de Portos de Galicia estivo esta mañá, no concello de Pontecesures, onde mantivo unha reunión co novo alcalde da vila. Un encontro no que Vidal propuxo ao responsable de Portos unha actuación de mellora e acondicionamento do bordo portuario do municipio. 

    O concello de Pontecesures foi o punto de encontro elixido para manter unha xuntanza entre o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, eo novo alcalde do municipio, que fixo unha proposta ao responsable de Portos de Galicia, para o acondicionamento do bordo portuario da vila.

    Pola súa parte José Juan Durán viu con bos ollos a proposta, e incluso recoñeceu que a obra repercutirá positivamente na imaxe de ese espazo. 

    Esta obra de pavimentado dun treito do vial portuario custará uns 20.000 euros, e realizarase en canto o tempo o permita. A parte desta actuación, José Juan Durán non descarta que o acondicionamento do bordo portuario poida estar finalizado a mediados de xullo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/visita_porto_pontecesures_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/visita_porto_pontecesures.mp4{/flowplayer}

     

    COMPARTIR