PORTO DO SON> As actividades arrancarán xa este vindeiro sábado co espectáculo de maxia de Expresión Produccións ‘Un, dous e tres o Xacobeo non ves’, ás seis e media da tarde, na Casa de Cultura.
Maxia, teatro ou música serán algún dos principais atractivos do ‘Son de Nadal’, a programación deseñada polo Concello para estas datas. A maioría das actividades irán dirixidas ós máis pequenos da casa
Como en anos anteriores o Concello volverá a ofertar os Obradoiros de Nadal.
Tampouco faltará visita de papa Noel, o día 23, que visitará tamén tódalas parroquias do municipio.
Coma novidade este ano, o Concello volverá a organizar a xuntanza de maiores, será o día 26, no recén estreado local do Clubs de Xubilados.
O día 29, pola tarde, haberá atraccións infantís e inchables no pavillón Santa Irene e o 31 na praza de España, unha festa con DJ Cabina Móbil, de seis a nove da noite. Non faltará tampouco a visita dos Reis Magos de Oriente que visitarán tódalas parroquias do Concello para que ningún neno quede sen agasallo.
Dende o Concello fan unha chamada a toda a veciñanza a participar nas actividades programadas. Iso si, apelan á responsabilidade, e a disfrutar destas datas ‘con sentidiño’.