A familia dun home con discapacidade denuncia as condicións nas que vivía

    casa_juliocopy.jpgVILAGARCÍA> Segundo a familia, leva vivindo nesta situación desde fai cinco anos, momento no que lle declararon a incapacidade total.

    {flowplayer}images/salnes/DENUNCIA_JULIO_GONZALEZ.flv{/flowplayer}

    Falamos de Julio González, ex compañeiro desta casa e veciño de Vilagarcía. Todo se iniciou fai cinco anos cando, por causa dunha enfermidade, lle declararon a incapacidade total.

    Despois de estar ingresado en varias clínicas, el xunto á súa muller e á súa filla trasladáronse a esta casa situada en Trabanca Badiña. Segundo a familia isto é o que se atoparon despois de que a abandonaran fai catro meses e se trasladaran a un piso do centro da cidade.

    Este familiar non era a primeira vez que denunciaba a situación na que sospeitaba estaban vivindo xa que, tal e coma nos relatou, os veciños lle advertían que vían movementos estraños. Por iso, no seu momento, chegouse a celebrar un xuízo que foi favorable para a súa muller, á que lle concederon a tutela de Julio González.

    Aínda así, acudiu en varias ocasións tanto ós servizos sociais do concello de Vilagarcía coma á traballadora social do Hospital do Salnés. Vendo estas imaxes, para a familia de Julio, a súa labor non foi suficiente.

    Con todo, esta familia non se vai render e informáronnos que van esperar a ter na súa posesión a acta notarial para acudir ó avogado e decidir as accións legais a tomar.

    Redacción Salnés