O goberno local de O Grove salva a crise e continúa con EU ó mando de Persoal

    O GROVE > A crise vivida estes días no cuatripartito de O Grove parece que xa topou solución. As discrepancias que facían temer a continuidade do executivo local

    … meco deron paso a unha nova etapa de acordo, coa que se ratifica a vontade dos catro grupos políticos por cumprir o pacto asinado hai un ano, cando se formou o goberno municipal.

    Esquerda Unida foi a voz discordante neste tempo, con motivo da xestión que o membro do partido, Xan Lamelas, estaba a facer da área de persoal, da que é titular, e da que manifestou hai unha semana, non sabía se lla ían retirar. Lamelas vai seguir sendo o edil de persoal no Grove, pero a súa responsabilidade vaise ver minguada, tralas competencias que van asumir os outros tres grupos do cuatripartito sobre os traballadores dos seus departamentos. Isto será polo menos ata que o edil de Esquerda Unida cree un novo equipo administrativo como apoio as súas tarefas no persoal, un departamento complexo e transversal, no que xurdiron as diferencias co resto das concellarías. Un problema de funcionamento interno que o alcalde, José Antonio Cacabelos, non aprobou que fose trasladado ós medios, polo que lle pediu máis lealdade ós membros do cuatripartito.

    A reunión celebrada este martes, que serviu para acadar o consenso entre os membros do goberno, xa sentou precedentes. A partir de agora as xuntanzas entre as catro formacións para analizar a evolución das súas áreas van ter un carácter máis frecuente. O obxectivo, que non se volvan a reproducir momentos de tensión que poidan facer perigar a vida do actual executivo local.

    Redacción Salnés