A aprobación definitiva do PXOM podería ser efectiva a finais de 2013

novosviaisnoia.jpgNOIA> O executivo pretende ademais que se garantan dous novos viais entre os lugares da Barquiña e Barro que están contemplados no novo planeamento.

{flowplayer}barbanza/novosviaisnoia.flv{/flowplayer}

O edil de urbanismo, Bieito González, nunha xuntanza de traballo mantida co director da asistencia técnica que se encarga da construción da variante, e persoal da consellería de Medio Ambiente, solicitoulles o mantemento das determinacións contidas no documento de inicio do futuro PXOM no relativo ó deseño de dous futuros viais de titularidade municipal, que poderían verse afectados pola construción da dita estrada. As dúas novas vías de comunicación previstas unirían os lugares da Barquiña e Barro, un en Río do Porto e outro nos Carballiños. Segundo Bieito González con estes dous accesos melloraríanse as comunicacións nesta zona amplamente habitadas a día de hoxe.

Aprobación definitiva PXOM

Bieito González aludiu tamén ó estado de elaboración no que se atopa actualmente o futuro planeamento, un documento vital para o desenvolvemento do municipio. A intención do executivo local pasa pola súa aprobación definitiva no segundo semestre de 2013.

Redacción Barbanza