O Museo de Pontevedra repasa a traxectoria vital e artística de Leopoldo Nóvoa

PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra acolle dende hoxe a exposición “Leopoldo Nóvoa 1919-2019”. Esta mostra naceu con motivo do centenario do nacemento do pintor pontevedrés e supón un percorrido pola súa historia vital e artística.

Falar de Leopoldo Nóvoa é falar dunha das referencias máis importantes da arte abstracta. Un dos artistas galegos con máis traxectoria internacional do século XX.  Dende hoxe a súa obra está exposta no Museo de Pontevedra. Esta exposición nace a raíz do centenario do nacemento do pintor pontevedrés e a través de 50 pezas faise un percorrido pola súa traxectoria vital e artística. Dende as súas primeiras obras en Uruguai e Arxentina ata a súa estadía en París e a Armenteira.

Esta exposición inclúe tamén unha peza audiovisual elaborada por Xurxo Lobato. Nela, apórtanse testemuñas de diferentes profesionais que permiten coñecer máis en profundidade ao artista pontevedrés.

A mostra de Leopoldo Nóvoa complementarase coa edición dun catálogo. A exposición estará aberta ao público no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra ata o 26 de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí