
PONTEVEDRA>
A Deputación de Pontevedra subscribirá un convenio coa Real Academia Galega para impulsar un proxecto de posta en valor da cultura galega. A nova coñeceuse despois da entrevista que esta mañá mantiñan por primeira tralo cambio de lexislatura os presidentes de ámbalas dúas institucións.
Era a primeira vez que Xesús Alonso Montero e Carmela Silva se entrevistaban oficialmente como presidentes da Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra. Unha primeira toma de contacto que para o titular da RAG foi máis que unha visita de cortesía.
Os detalles do convenio quedan por coñecerse pero si se indica que terá como fin poñer en valor a cultura galega.
Segundo Montero e Silva, a cultura é un dos piares esenciais dun pobo polo que impulsala suporá dar pulo tamén á sociedade galega.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/07/carmelarag2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/07/REUNION_CARMELA_RAG.mp4{/flowplayer}








