A delegada da Xunta e o alcalde de Porto do Son analizan os investimentos autonómicos no municipio

PORTO DO SON> A delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña realizou unha visita insititucional ó concello de Porto do Son. Ademais de repasar algúns dos investimentos autonómicos no municipio, Belén do Campo recolleu algunhas solicitudes formuladas polo alcalde, entre as que destaca a necesaria dotación de chan industrial.

Foron moitos os temas abordados pola delegada territorial da Xunta e o alcalde na súa visita a Porto do Son. Entre os principais, a necesidade de dar o pulo definitivo ó polígono empresarial do municipio que leva anos co chan industrial esgotado. Un polígono singular que contará coa colaboración do arquitecto David Chipperfield para marcar o camiño futuro do deseño dos parques empresariais galego.

Na xuntanza trataron ademais outros investimentos previstos no concello sonense en materia de Educación que implicarán melloras en varios centros educativos á espera da construción do novo colexio de Portosín que poderías ser unha realidade en dous anos.

Alcalde e delegada analizaron tamén outras cuestións como as dificultades para a contratación de socorristas que impide a solicitude de bandeiras azuis para os areais sonenses ou  os avances en materia de saneamento que repercurten notablemente na calidade das augas.