![]()
CALDAS> Un bo susto se levaron esta mañá nunha zapatería por mor dun incendio. Foi no número 3 da rúa Xoán Fuentes Echevarría.
{flowplayer}images/salnes/incendio_comercio_caldas.flv{/flowplayer}
CALDAS> Un bo susto se levaron esta mañá nunha zapatería do casco urbano de Caldas por mor dun incendio.
Foi no número 3 da rúa Xoán Fuentes Echevarría. Pouco antes das dez e media da mañá a dependenta do establecemento deu aviso dun incendio orixinado no almacén e ata alí acudiron efectivos da Subsede de Bombeiros de Vilagarcía, Protección Civil de Caldas e Policía Local.
Ó parecer o lume iniciouse nun deshumidificador que tiñan funcionando no baixo da tenda, que utilizan como almacén, pero, afortunadamente non se achegou ás caixas de calzado.
A acumulación de fume deixou practicamente inservible a meirande parte do calzado e demais enseres da tenda.
Redacción Salnés








