VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía responde á oposición para defender os orzamentos do 2021. Dende o goberno de Varela sinalan que no presuposto deste si se incrementan os gastos en servizos sociais.
O concello de Vilagarcía presentou os orzamentos de este ano como os máis difíciles de elaborar durante o seu mandato. Os presupostos foron criticados pola oposición pola súa falla de consenso e pola súa redución en servizos sociais. Unhas acusación que negan dende o goberno local. Os socialistas sinalan que moitas partidas se reduciron pola eliminación de actividades que non se poden realizar por mor da covid, como é o caso de excursións ou festas para a terceira idade, pero iso non implica que se reducira a inversión na cobertura destes servizos.
Dende o goberno de Vilagarcía tamén criticaron a aqueles partidos da oposición que solicitaban ao concello que pedise un crédito para apoiar á hostalería.
O concello defendeu que si apoiarán aos hostaleiros e comerciantes cunha partida de 200 mil euros dentro dos orzamentos. Para reactivar a economía solicitaron un crédito de 3,5 millóns de euros para investir na vila a través da construción. Entre os proxectos inclúese unha dotación de 200 mil euros para a compra dun novo baixo para os servizos sociais.
O orzamento será levado mañá a pleno para a súa aprobación.