Cambados Cooltural recolle toda a programación cultural de inverno

    CAMBADOS> Esta semana os interesados en actividades culturais e formativas xa poden recoller o seu programa…

    {flowplayer}images/salnes/cambados_cooltural_291012.flv{/flowplayer}

    … de man nos que se resumen tódalas actividades programadas polo Concello de Cambados para este inverno 2012-2013. Un programa que novo, persegue ser o máis amplo e variado posible.

    Amais das exposicións de temática variada no Pazo do Torrado, o programa Cambados Cooltural farase fincapé nos cursos formativos no centro sociocultural da Merced, especialmente naqueles que fan referencia ás novas tecnoloxías e ó turismo.

    O teatro, de novo, volverá a ser un dos eixes centrais da programación de outono-inverno do Auditorio da Xuventude na capital do Albariño. Ademais esta programación non deixa pasar as datas sinaladas sen a correspondente celebración, desde o Samaín deste mércores, ata o Día Europeo do Enoturismo o domingo día 11; cando se celebrará o primeiro concurso de catadores amateur e un concerto no Salón de Congresos José Peña. Así, en Nadal, e ata o Entroido sucederanse os tradicionais actos conmemorativos e lúdicos.

    Redacción Salnés