Carregal recibe o ‘Grelo de Ouro’ da Fundación Amigos de Galicia

    greloourocarregal.jpgSANTIAGO> O acto de entrega estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, quen destacou na súa intervención a valía do empresario ribeirés.

    {flowplayer}barbanza/greloourocarregal.flv{/flowplayer}

    O auditorio do paraninfo da Universidade de Santiago quedouse pequeno para albergar o acto de entrega do Grelo de Ouro, da Fundación Amigos de Galicia, ó presidente de Frinsa. Un galardón, que chega este ano as súas vodas de prata, e que con anterioridade xa recibiran persoeiros como a condesa de Fenosa, Camilo José Cela, Roberto Tojeiro ou Manuel Fraga, entre outros. Non quixeron faltar á cita personalidades da vida política e empresarial de Galicia. Así contouse coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e tamén con varios conselleiros, como é o caso de Pilar Farjas ou Rosa Quintana. Nel participaron tamén os alcaldes de Santiago e Ribeira, Gerardo Conde Roa e Manuel Ruíz, respectivamente.

    Laudatio

    Foi precisamente un dos patronos da Fundación, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, o encargado de facer a ‘laudatio’ de Ramiro Carregal. Ademais da súa dedicación a Galicia destacou a súa faceta emprededora.

    Agradecementos

    Na súa intervención o homenaxeado agradeceu a entrega deste premio e o labor de apoio ós máis necesitados que fai esta fundación. Posteriormente fixo un percorrido pola súa traxectoria persoal e empresarial, dende os seus comezos ata a actualidade.

    Capacidade de reinventarse

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, destacou a personalidade de Ramiro Carregal, que ten, segundo el, a propio capacidade de reinventarse.

    A gala contou ademais coa actuación da coral polifónica de Ribeira, encargada de poñer o broche final ó acto.

    Redacción Barbanza