A Deputación da Coruña destina máis de 200 mil euros para rematar o centro social de Carreira

RIBEIRA> A Deputación da Coruña destinará 213 mil euros á finalización do Centro Social de Carreira. O alcalde de Ribeira e o presidente provincial asinaron un convenio para asumir o 70 por cento do orzamento restante para rematar o proxecto.

O convenio asinado entre Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, e o alcalde Manuel Ruíz permitirá por fin rematar o centro social de Carreira, unha obra que acumula innumerables retrasos.

A administración provincial destinará 213 mil euros para finalizar o proxecto,  o que supón algo máis do 70 por cento dos 295 mil que supón o proxecto.

Os traballos previstos nesta infraestrutura que ten parte das instalacións e da envolvente xa executadas consistirán no  o remate das instalacións, dos revestimentos interiores e da carpintería interior.

Ademais, está prevista a urbanización da contorna mediante a demolición de parte dos muros e da escaleira existentes para a construción dunha nova escaleira que comunicará os dous niveis deste espazo público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí