A oposición presenta as súas propostas para a elaboración dos orzamentos

    POBRA> Goberno e oposición traballan no deseño dos orzamentos da Pobra para o presente exercicio. Este xoves tivo lugar a segunda xuntanza para presentar propostas á que non puido asistir o voceiro do PP por problemas de axenda. Nesta reunión a tres, o executivo pobrense presentou unha serie de proxectos encamiñados a mellorar as redes de saneamento e abastecemento en varios núcleos. Trátase de pequenas actuacións para atender as necesidades detectadas pola empresa concesionaria do servizo que poderían ser acometidas con cargo ós orzamentos deste ano. Pola súa banda, os grupos da oposición tamén presentaron as súas achegas para elaborar o documento orzamentario. O PSOE centrouse en boa parte das mocións levadas a pleno mentres que o BNG elaborou un amplo documento no que se recollen parte das demandas veciñais recollidas nas asembleas. A próxima cita para da comisión de seguimento será dentro dunha semana. Se hai acordo, o executivo confía en poder levar os orzamentos ó pleno de maio co obxectivo de dispoñer canto antes dunha partida para poder abrir o centro de día, que podería estar operativo a partir do mes de xullo.