A Xunta investirá máis dun millón de euros no Hospital do Salnés

    pp_hospital100.jpgVILAGARCÍA> O PP afirma que a Xunta incluirá no presuposto de 2010 un millón de euros para ampliar o Hospital do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/pp_hospital_salnes.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O PP de Vilagarcía afirma que a Xunta incluirá no presuposto de 2010 un millón de euros para ampliar o Hospital comarcal do Salnés. Así o aseguraron esta mañá en rolda de prensa a deputada autonómica Marta Rodríguez e o portavoz do PP local Tomás Fole.

    Este millón de euros engádese á partida de 187 mil euros que xa figuraba nos orzamentos autonómicos para revisar o Plan Director do Hospital do Salnés. Os populares aseguran que este dato será confirmado mañá polo propio presidente da Xunta na visita que realizará á Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

    Marta Rodríguez e Tomás Fole esperan agora calar as críticas de diversos colectivos da comarca contra o goberno galego. O PP de Vilagarcía asegura que o goberno de Núñez Feijoo fará canto antes a reforma do hospital comarcal e a revisión do seu plan director.

    Redacción Salnés