Lúa Piñeiro proclámase campiona de España sub-21 en taekwondo

taekwondo250_151008.jpgVILAGARCÍA > A taekwondista do Club Olimpic de Vilagarcía non tivo rival nos nacionais disputados en Málaga e levouse o ouro en categoria para menos de 67 quilos.

O Club Olimpic de Vilagarcía non para de sumar medallas e recoñecementos grazas o seu traballo coa base.

A última alegría deuna Lúa Piñeiro, que ven de proclamarse en Málaga campiona de España sub-21 en categoría para menos de 67 quilos. A taekwondista do Olimpic levouse o triunfo con total autoridade gañando os tres combates que disputou e sen perder nin un só punto. 

Despois de acadar este título, Lúa Piñeiro afrontará en 2009 o seu salto a categoría absoluta coa vista posta tamén no título nacional.

Non correron a mesma sorte os seus compañeiros de club e selección que asinaron unha discreta actuación debido en parte á súa falta de adaptación ós petos electrónicos que a federación obriga a vestir agora.

A vindeira cita do Olimpic será o Campionato Galego de Técnica infantil que se celebrará en Moaña o día 26 de outubro  e no que o club vilagarcián ten grandes expectativas de estar entre os mellores.

Redacción Salnés