![]()
SALNÉS> Así reaccionou Gonzalo Durán despois de que os alcaldes de A Illa e Catoira, ó parecer, dixeran que non ían pagar parte dos terreos para o Hospital.
{flowplayer}images/salnes/TERREOS_HOSPITAL_PLENO.flv{/flowplayer}
O Presidente da Mancomunidade respondeu esta mañá ás declaracións vertidas nun medio de comunicación polos alcaldes de A Illa e Catoira. Estes, ó parecer, oporíanse a pagalos terreos destinados á ampliación do Hospital do Salnés. Gonzalo Durán amosou a súa sorpresa e incomprensión a esta postura e lamentou que agora todo o proceso queda paralizado.
Cando a compra dos terreos para a ampliación do Hospital parecía que estaba preto de pecharse, unha brecha abriuse entre os alcaldes dos concellos vinculados a esta operación.
Nos puxémonos en contacto esta mañá co alcalde da Illa e asegurounos que as súas palabras foran mal interpretadas e que de momento non se pode opor xa que non ten toda a información para posicionarse. Para Durán un argumento insuficiente xa que asegurou coñecía o escrito da Xunta no que solicitaban os terreos para a ampliación.
Aínda así, o Presidente da Mancomunidade explicou que a cantidade que tería que pagar cada concello ó ano é perfectamente asumible por unha administración local. No caso da Illa 1175 euros e Catoira sobre 815.
Ante esta situación Durán asegurou que o proceso de compra queda paralizado á espera de decidir os pasos a seguir. Aínda así, mañá celebrarase o pleno da Mancomunidade onde se levarán a votación os orzamentos para o 2012. Neles aparece a partida destinada á compra da totalidade dos terreos.
Redacción Salnés










