O Consorcio de Comerciantes do Salnés sorteará 7500 euros en vales compra entre os seus clientes coa campaña de nadal

MEAÑO> 7500 euros en vales compra. Esa é a cantidade que o consorcio do Comercio do Salnés sorteará entre os seus clientes na campaña de nadal. Serán máis de 60 premios de entre 50 e 300 euros. Ademais haberá un premio especial de 1100 euros.

Os comerciantes do Salnés volven a unirse para premiar aos seus clientes. A través do consorcio de comercios, a asociación presenta unha nova edición da campaña do nadal. Nesta ocasión, sortearanse 7500 euros en vales compra.

Polas súas compras nos comercios asociados os clientes recibirán unha rifa. Os premios aos que optan son variados, entre todas as asociacións sortearanse 66 vales compra de entre 50 e 300 euros e a maiores haberá un premio especial de 1100 euros. O gañador deste premio deberá gastar un mínimo nalgún comercio de cada asociación.

O obxectivo do consorcio de comerciantes con esta campaña é incentivar as compras do nadal.

Con esta campaña tamén se busca premiar aos clientes máis fieis. Uns clientes que sempre responden a estas iniciativas.

A campaña de nadal do consorcio de empresarios súmase ás diferentes iniciativas que levan a cabo as asociacións pola súa conta nos propios concellos. Actividades como o alumeado de Cambados, o corazón de Meaño ou as xornadas do marisco do Grove.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí