A Illa entra en restricións tras máis de 30 positivos en 14 días

A ILLA> A illa de Arousa pasa a o nivel medio-alto de alerta sanitaria. O alto número de contaxios fai que o comité clínico aplique restricións na vila, ata o de agora allea a estas medidas. Dende o concello piden precaución á xente para frear os contaxios canto antes.

As imaxes de hoxe da Illa de Arousa contrastaban coas vistas hai dúas semanas, cando a vila era a única do Salnés sen restricións. Neste tempo o municipio contabilizou máis de 30 positivos, polo que o comité cíncico decidiu aplicar o nivel medio alto de alerta sanitaria.

A vila estará agora pechada perimetralmente, pero as principais restricións afectan á hostalería.

Con estas restricións, dende o goberno local son conscientes que será un Nadal moi complicado.

O alcalde pide á veciñanza responsabilidade para cumprir as normas e saír desta situación canto antes.

A Illa conta na actualidade con 38 casos activos. Segundo como avancen os contaxios o comité clínico podería decidir reducir as restricións, sempre en cando, a evolución sexa positiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí