Ferido grave un ancián que resultou atropelado na Amanecida

    atropeloamanecida.jpgBOIRO>suceso tiña lugar a primeira hora desta mañá e nel resultou ferido grave un veciño de Loimar de 83 anos que responde ás iniciais R.T.S.

    {flowplayer}barbanza/atropeloamanecida.flv{/flowplayer}

    O atropelo producíase ó redor das oito desta mañá na estrada entre Boiro e Noia, á altura da Amanecida. Segundo manifestaron as propias testemuñas do accidente, unha furgoneta que circulaba en dirección a Boiro golpeou ó home, R.T.S. de 83 anos, que nese momento cruzaba a estrada. A consecuencia da colisión, o ancián caeu ó chan, sufrindo diversas feridas de consideración.

    Causas accidente

    A escasa visibilidade na zona a esa hora da mañá e o despiste do propio peón que decidiu cruzar a vía por un lugar pouco apropiado son as causas máis que probables do accidente.

    Servizos de emerxencias

    Ata o lugar desprazáronse efectivos do GRUMIR de Boiro, un equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia, que despois dunha primeira atención no lugar, encargouse de trasladar ó ferido ata un centro hospitalario. Dáse a circunstancia de que a escasos metros de onde se produciu o atropelo existe un paso de peóns.

    Redacción Barbanza