Os pais do CEIP Santa Irene demandan o traspaso do servizo de comedor á Xunta

PORTO DO SON> A ANPA do CEIP Santa Irene de Porto do Son mobilízase para conseguir a xestión pública do comedor escolar. Piden ó equipo directivo do centro que apoie a súa solicitude de traspasar o servizo á Xunta posto que sería moito máis económico para as familias.

Os pais do CEIP Santa Irene de Porto do Son concentráronse este mediodía ás portas do colexio esixindo que a Xunta asuma o xestión de comedor. A ANPA asume dende o curso pasado o servizo cun custo moito máis elevado que se forse público posto que ademais do prezo do menú as familias deben aboar o pago do monitor. Malia que a Xunta amosou a  súa disposición a asumir o servizo, os pais topáronse coa negativo do centro.

Segundo os pais, as dificultades de conciliación do profesorado que debería realizar quendas para atender o comedor, é o principal motivo para que o claustro rexeitase a súa petición.

Na actualidade, o comedor conta con aproximadamente 24 usuarios; número que podería ampliarse no caso de establecer tarifas máis asequibles. De non ser así, o servizo corre o risco de desaparecer.