A Deputación destina máis dun millón de euros a melloras viarias en Rianxo

    circunvalacionrianxo_100_240308.jpgRIANXO > O responsable de Vías e Obras da Deputación presentou en Rianxo dous proxectos que suporán unha inversión superior ó millón de euros.

    {flowplayer}barbanza/circunvalacionrianxo.flv{/flowplayer}

    O primeiro, e máis inminente, consiste na mellora da travesía do pazo entre Burés e Asados, no que o ente provincial investirá 650 mil euros. O proxecto contempla a substitución das beirarrúas e da capa de rodadura actual, así como a dotación dunha nova rede de abastecemento e pluviais nos treitos que sexa necesario. Prevese ademais a instalación de alumeado e soterramento do cableado. As obras, que contan cun prazo de execución de dez meses, poderían dar comezo antes do verán.

    Ocupación urxente

    O outro proxecto refírese á tan demandada circunvalación de Rianxo que na actualidade se atopa en fase de exposición pública. Unha vez se estuden e resolvan as alegacións, a Deputación agarda a aprobación da ocupación urxente dos terreos por parte da Xunta para poder adxudicar as obras. Neste punto, o alcalde, Pedro Piñeiro, agarda que os traballos dean comezo ó longo de 2009.

    Outras actuacións

    O rexedor local aproveitou a visita tamén para agradecer as importantes inversións que está a realizar a Deputación no municipio de Rianxo e non só no ámbito de infraestruturas viarias. Neste sentido, lembrou outras actuacións importantes comoa piscina municipal ou o campo de herba artificial.

    Redacción Barbanza