Debate tenso no pleno da Mancomunidade do Salnés

    pleno_mancomunidade_021211100.jpgCAMBADOS> O PP quedouse só na aprobación do orzamento para 2012, que ascende a 3,9 millóns de euros. PSOE e BNG votaron en contra.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_mancomunidade_021211.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O PP quedouse só na aprobación do orzamento para 2012, que ascende a 3,9 millóns de euros. PSOE e BNG votaron en contra.

    Nas contas figuran 793 mil euros para comprar os terreos da ampliación do Hospital do Salnés, e este foi o asunto máis candente da sesión.

    As rifas entre o vilanovés Gonzalo Durán e o alcalde da Illa Manuel Vázquez parece que van ser habituais dos plenos da mancomunidade. Onte tamén se debateu o recurso presentado polo PSOE contra a suba do recibo da auga e o asunto converteuse nun debate a dúas bandas.

    O debate foi tenso, e tras unha segunda quenda de réplica, Vázquez pediu a terceira, pero Durán negoulla. Como era de esperar, o recurso rexeitouse e a subida da auga quedou aprobada definitivamente.

    Redacción Salnés