Temor entre os gandeiros do Barbanza ante os ataques do lobo

    LOUSAME> Un veciño do lugar de Vilar de Reconco, no concello de Lousame, denunciou a morte a mans do lobo dunha ovella e seis años. Trátase do segundo ataque que sofre este gandeiro en menos de seis meses. O máis chamativo é que o ataque se produciu a plena luz do día, e apenas a cen metros das vivendas. En total foron sete os animais atacados, unha ovella e sete años, dos que tan só pareceron restos de dous. Mellor sorte correu o carneiro, que a pesar de recibir varias mordeduras, puido salvarse. Dende que se produciu o ataque, Manuel Castro, garda con celo nesta corte o resto do rabaño. Teme que o lobo volva a aparecer novamente, polo que durante uns días evitará que as ovellas anden polo exterior. Aínda que non son moi habituais este tipo de ataques de lobos na zona, Manuel Castro, teme que vaian a máis. O feito de que se producira ademais moi preto das casas aumenta ó medo, non só polos animais, senón tamén pola ameaza que supón para as persoas, polo que pide as Administracións con competencias neste asunto maiores controis para que episodios coma este non volvan ocorrer.