Os emigrantes retornados seguen en pé de guerra tras cinco anos de loita

RIBEIRA> Nova movilización dos emigrantes retornados en Ribeira. Como cada mércores de final de mes, o colectivo percorreu o casco urbano, entre a delegación de Facenda e o concello. Agora que as manifestacións de pensionistas son unha constante dende hai varias semanas en todo o país, os emigrantes retornados merecen aínda maior visibilidade. Levan cinco anos de loita na rúa para denunciar o que consideran un roubo por parte do estado. A pesar das Baixas temperaturas, os manifestantes percorreron o casco urbano de Ribeira encabezados por pancartas e facendo moito ruído para que a sociedade non se esqueza de eles. Nin o frío nin a chuvia foi quen de arredar a estes xubilados que, tras unha vida de traballo no estranxeiro, pensan seguir en pé de guerra para defender os seus dereitos.