Apúranse as últimas vendas da Lotería de Nadal

    RIBADUMIA> Estes días apúranse as vendas da Lotería de Nadal para intentar vencer a crise económica cun golpe de sorte.

    {flowplayer}images/salnes/loteria_nadal.flv{/flowplayer}

    Unha das administracións que máis está a notar o incremento das vendas é a número un de Barrantes, en Ribadumia, que o ano pasado repartiu un quinto premio que deixou na comarca uns tres millóns trinta mil euros. 

    Os principais clientes que acoden na procura da sorte a esta administración son os veciños do Salnés, aínda que cada vez máis os turistas non deixar de visitar esta capital do viño tinto sen levar un décimo. Entre os números preferidos nesta administración sobrancean os rematados en vintecatro; aínda que aquí venden unhas trescentas combinacións, 14 destes números fixos, xogados ano tras ano desde Barrantes.

    Os números que máis saen: O propietario desta tenda, Suso Alonso agarda poder repetir a sorte que lles trouxo o ano pasado o 75.569. As vendas non só as fan na xanela desta oficina senón que tamén se pode mercar por teléfono, marcando o 986 71 0 113 ou mesmo por correo electrónico, na dirección alribadumia@gmail.com. Corte 3: De non ter sorte no vindeiro sorteo de Nadal, xa están á venda ós décimos para o sorteo do neno, que aínda custando o mesmo a demanda é moito menor.

    Redacción Salnés