Quiet Four e Antilia pratos fortes dunha nova edición do festival internacional Armenteira Jazz

MEIS> A festa continuará esta fin de semana no concello de Meis coa celebración do festival internacional Armenteira Jazz. O evento terá lugar do venres ao domingo na contorna do Mosteiro de Meis. Entres as actuacións musicais destacan Quiet Four e Antilia.

A festa non cesa no concello de Meis. Trala celebración do San Bieito, agora a vila gozará da música do festival internacional Armenteira Jazz. O evento regresa na súa sétima edición con tres día de celebración do 15 ao 17 de xullo.

A xornada do venres pecharase coa actuación dun grupo de alumnos do seminario permanente de Jazz de Pontevedra e a súa jazz sesion. A música continuará o sábado.

Nesta ocasión serán Marcos Pin Trío o que rematen a xornada coa súa música e con outra jazz sesion. Os concertos rematarán o domingo cunha sesión vermú a cargo de Street Jazz Band. Todas as actuación terá lugar na contorna do mosteiro da Armenteira.

Os interesados en gozar de boa música nunha contorna única poderán achegarse ao longo da fin de semana á Armenteira. Os concertos serán gratuítos e abertos para todos os públicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí