Baixos prezos e pouca centola no reapertura da campaña

    O GROVE> Hoxe reabriuse en toda Galicia, agás na costa de Lugo, a campaña da centola. Nesta primeira xornada no Grove a primeira parada da centola fixouse nos 16.40 euros; un prezo moi reducido malia a escaseza de producto; posto que non houbo ningunha embarcación meca que fose quen de coller os topes. A reapertura da campaña da centola ven marcada pola escaseza de producto. A lúa chea e o vento do norte fixo que a centola non entrase nas redes; co que ningunha embarcación do Grove foi quen de coller os topes máximos de captura, fixados en trinta e cinco quilos por embarcación e outros trinta e cinco por mariscador embarcado. Malia a escaseza de producto a primeira parada quedou nos 16.40 euros, un prezo que algúns xa se agardaban tras ver o comezo de campaña de anos anteriores. Agárdase a que este sexa un ano de pouca centola, porén a calidade da mesma a mediados de novembro está a ser moi boa nos mais dos casos. Entre os compradores había gran expectación posto que a xente xa ten ganas de centola, aínda que eso si, non a calquera prezo. Coincidindo con este comezo de campaña, á saída do Grove podían constatarse un intenso dispositivo de control por estrada para evitar as vendas de marisco por fóra e o traslado non axeitado dos productos do mar; tal e como se fixo xa o pasado venres, nun amplo operativo no que se comisaron importantes cantidades deste e doutros productos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/centola.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/campana_centola_grove.mp4{/flowplayer}