Caras longas e bágoas ante o ERE extintivo en Clesa

    dolores_ramos100.jpgCALDAS> Caras longas e mesmo bágoas víronse hoxe na fábrica de Clesa, en Caldas. O comité de empresa reuniu hoxe ós traballadores en asemblea …

    {flowplayer}images/salnes/asemblea_clesa.flv{/flowplayer}

    CALDAS> Caras longas e mesmo bágoas víronse hoxe na fábrica de Clesa, en Caldas. O comité de empresa reuniu hoxe ós traballadores en asemblea para comunicarlles a última novidade: a aplicación a partir de mañá do ERE extintivo para a práctica totalidade do cadro de persoal. Só 40 se librarán da carta de despido. A presidenta do comité de empresa propúxolles manter a loita viva, pero finalmente acordouse que quen teña oportunidade de seguir que o faga.

    Visiblemente afectada, Dolores Ramos considera que os administradores concursais están a xogar cos traballadores por intereses económicos. Denunciou incluso intereses escuros en todo o proceso.

    O Comité de Empresa pide que se senten a falar Xunta, investidor e administradores concursais para aclarar dunha vez o futuro da factoría de Saiar. Lembran que hai un compromiso por parte da Xunta e de Feiraco po manter os postos de traballo e esperan que a pesar da aplicación do ERE, recuperen o persoal.

    Mañá virá todo o persoal a traballar, pero coidan que o vindeiro día xa sexan só 40 os que operen na fábrica de Clesa. O feito de que manteñan estes postos de traballo, fai pensar ó comité de empresa que continúa a intención de vender a fábrica.

    De momento os ánimos están quentes, e o comité de empresa non quere falar de mobilizacións. O asunto está a ser xestionado ante a Xunta polo deputado do PP, o caldense Jesús Goldar.

    Redacción Salnés