Augas de Galicia e SAE asumen os gastos polos desperfectos do polígono de Baión

    duran100_100608.jpgVILANOVA > O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán reuniuse esta mañá cos representantes de Augas de Galicia e Solo …

    …Empresarial do Atlántico para tratar as alternativas para paliar os problemas que se detectaron no lugar de Fonsín na parroquia de Baión ocasionados polas obras que se están levando a cabo no polígono.

    Finalmente Solo Empresarial do Atlántico farase cargo das obras de limpeza nas saídas de evacuación. Augas de Galicia encargarase de limpar os regatos e Solo empresarial do Atlántico encargarase de realiza-las obras nas saídas de evacuación.

    Ese é o acordo ó que se chegou na xuntanza que o alcalde da vila, Gonzalo Durán tiña programada para con ámbolos organismos.Unha demanda dos veciños que xa se prorrogaba no tempo. As obras do polígono de Baión estaban a a ocasionar inundacións no lugar de Fonsín por mor do atranco das augas pluviais.

    No encontro o alcalde tamén aproveitou para falar da problemática que supón para os veciños a contaminación do río Currás. Augas de Galicia comprometeuse a arranxar o emisario da depuradora do río.

    Redacción Salnés