Unha asesoría externa realizará unha auditoría enerxética en Vilagarcía para promover o aforro

VILAGARCÍA> Vilagarcía quere seguir avanzando na eficiencia enerxética. O concello acaba de contratar unha asesoría externa para realizar unha auditoría que promova o aforro na factura da luz municipal. Segundo explican dende o goberno local trátase dunha serie de actuacións que, pola súa complexidade, non poden ser realizadas polo persoal municipal.

Un dos grandes obxectivos das administracións locais dos é reducir a factura da luz. En concellos con Vilagarcía tense avanzado moito nos últimos tempos na procura da eficiencia enerxética. Pero o goberno local quere ir un paso máis alá. Acaba de contratar unha auditoría enerxética para promover o aforro. Unha actuación dunha gran complexidade que, por iso, non pode ser asumida polo persoal municipal.

Esta auditoría xa foi contratada por pouco máis de 7.000 euros. Permitirá continuar coa implantación e mantemento do sistema de xestión enerxética municipal.

Unha renovación que acadou xa o 50% dos puntos de luz da cidade e que máis alá da parte económica ten tamén un impacto positivo dende o punto de vista medioambiental.

Segundo os cálculos do concello, coas renovacións xa acometidas, o concello está a aforrar  entre un 30 e un 40% do que viña gastando na factura da luz.