O temporal da fin de semana deixa numerosas incidencias no Salnés

    incidencias_temporalcopy.jpgSALNÉS> Un dos concellos máis afectados foi o do Grove. Alí, entre outras cousas, restrinxiron o paso na Praza do Corgo trala caída dunha rama de tres metros.

    {flowplayer}images/salnes/INCIDENCIAS_TEMPORAL_AROUSA.flv{/flowplayer}

    O temporal de mar e terra que se rexistrou na primeira fin de semana de outono en Galicia deixou numerosas incidencias nos diferentes concellos da comarca do Salnés. Un deles foi O Grove. O máis salientable foi a caída dunha rama de tres metros de altura na Praza do Corgo polo que os efectivos de Protección Civil tiveron que restrinxir o acceso á mesma ata hoxe.

    Amais, houbo máis avisos por varios contedores de lixo tirados e un poste da luz situado ó carón do colexio Conmeniño.

    Con todo, aínda que estaba decretada a alerta laranxa no Grove non despregaron un dispositivo especial. Iso si, ademais do servizo 24 horas de Protección Civil, contaban cunha lista de voluntarios por se fosen necesarios máis efectivos.

    Pola súa banda, en Vilagarcía entre a noite do sábado e todo o día de onte foron numerosas as incidencias que se rexistraron tanto no rural como nas rúas do centro da cidade.

    Hoxe aínda eran visibles os efectos, sobre todo do vento. No acceso á vía rápida tamén se produciron desprendementos de terra e pedras pero Protección Civil encargouse de retiralos o antes posible polo que non houbo que lamentar incidentes máis graves.

    A maiores macetas, papeleiras e contedores de lixo caídos por distintos puntos do municipio, así como vaias de obra, sobre todo as da rúa Valle Inclán, que acabaron todas no chan. Os cortes no subministro eléctrico nalgúns puntos completaron a estampa.

    No resto da comarca tamén se viron afectadas varias embarcacións e invernadoiros, especialmente en Cambados e Ribadumia.

    Redacción Salnés