O enoturismo ábrese paso con novas iniciativas

CAMBADOS> O programa Re-acciona centrouse esta mañá no enoturismo. O Museo do Viño de Cambados acolleu unha xornada para dar a coñecer esta iniciativa do IGAPE, que ten como obxectivo orientar as novas empresas no contexto económico actual. Unha iniciativa que pode ser moi útil para o enoturismo e a comarca.

O enoturismo ten demostrado o seu peso na economía da comarca do Salnés. Algo do que tamén son coñecedores dende a Xunta de Galicia. Onte o Museo do Viño de Cambados acolleu unha xornada centradas nesta oferta.

A xornada tiña como obxectivo demostrar as posibilidades que o programa Re-acciona, impulsado dende o IGAPE, pode abrir para o enoturismo. Baixo o lema “Descubrir o mundo a través do viño. Unha nova forma de facer turismo”, presentaron dous exemplos de éxito. Un deles, Siente Galicia, unha web de reservas online que tematiza as experiencias.

A outra experiencia que abriu a xornada foi a de Trazers. Trátase dunha rede social de turismo, que basea o seu funcionamento no uso de vídeos xeolocalizados.

José Ramón Abal, pola súa banda, reivindicou outras experiencias exitosas de enoturismo como, por exemplo, o Enobús. Tamén a importancia que esta modalidade adquiriu en O Salnés.

O programa Re-acciona ten por obxectivo axudar aos empresarios a coñecer cal é a posición competitiva actual da empresa, orientando o seu futuro nun novo contexto económico marcado polas novas tecnoloxías.