CAMBADOS> Martín Codax dona 35 mil euros da recadación dos seus concertos do ciclo ‘os xoves de Códax’. A adega destinou a unha ONG diferente os ingresos de cada un dos cinco concertos realizados dentro do ciclo. As organizacións beneficiadas foron: Cáritas Arousa, APAMP, Lar Pro Saúde Mental, ARELA e Fundación Andrea.
A adega Martín Códax volveu a demostrar que se poden realizar eventos de primeiro nivel con fins solidarios. A adega entregou este venres a cinco ONGs a recadación do seu ciclo ‘Os xoves de Códax’.
A adega puido recuperar este ano os concertos presencias. Os xoves de Códax mariñaban música, viño e paisaxe. Todo con caracter solidario. Dende a adega fan un balance positivo dos cinco concertos realizados este verán.
As ONGs agradeceron a aportación e cada unha o dedicará a diferentes fins.
Con esta recadación, a adega leva xa doados máis de 180 mil euros nas súas nove edicións. Dende Martín Códax agardan realizar o ciclo o vindeiro verán e continuar colaborando coas asociacións da zona.