Vallejo e Louro fanse coa 29ª edición do Rally de Noia

 NOIA>proba, clasificatoria para o campionato galego de asfalto, conseguiu congregar a gran número de afeccionados ó mundo do motor, aproveitándose tamén do bo tempo existente.

{flowplayer}barbanza/rallynoia13.flv{/flowplayer}

Aínda que non partía nun principio coma un dos claros favoritos a levarse a vitoria, o lugués Sergio Vallejo fíxose finalmente coa vixésimo novena edición do rally de Noia. A bordo do seu Porche 911 GT3CUP, xunto co seu copiloto Álvaro Louro, lograron o mellor tempo de entre os 121 pilotos inscritos na proba deste ano. A menos dun segundo, na segunda praza Victor Senra e Enrique Velasco co seu Mitsubishi EVO 10 . En terceiro lugar, completando o podio, os actuais líderes do campionato galego, Luís Vilariño e Ramón López tamén cun Mitsubishi EVO 10.

Numeroso público

A carreira, nos diferentes tramos disputados durante as xornadas do venres, o sábado e o domingo, foi seguida por numeroso público, aproveitando o bo tempo existente. Os miles de afeccionados a este deporte do motor non quixeron perderse unha carreira que prometía espectáculo, e que finalmente non decepcionou.

Éxito organización

A competición transcorreu con normalidade e non houbo incidentes que destacar. Mesmo o número de abandonos foi bastante baixo en relación ás características da carreira e o alto número de pilotos participantes. A organización valorou moi positivamente o desenvolvemento da proba que transcendeu o carácter meramente deportivo, para converterse tamén nun evento lúdico con miles de asistentes.

Próxima cita

A próxima cita no calendario galego será o rally Comarca da Ulloa a celebrar o próximo 18 de maio.

Redacción Barbanza