![]()
PONTEVEDRA> Acadar unha boa coordinación entre as forzas e corpos de seguridade é do que máis orgulloso se sente o subdelegado do Goberno en funcións.
{flowplayer}images/salnes/balance_prensa_delfin.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> Acadar unha boa coordinación entre as forzas e corpos de seguridade é do que máis orgulloso se sente Delfín Fernández. O subdelegado do goberno en Pontevedra en funcións despediuse hoxe dos medios de comunicación facendo balance dos sete anos e medio que leva exercendo o cargo.
Para Delfín Fernández foi estratéxico crear unha estructura estable de coordinación entre Policía Nacional e Garda Civil coa Policías Locais de 27 concellos, os de maior dimensión poboacional da provincia. Unha coordinación que se logrou, ó seu entender, en materia de seguridade cidadá, control da delincuencia, seguridade viaria e violencia de xénero.
Delfín Fernández falou tamén da labor desenvolvida en estranxeiría, coa regularización de uns 4.000 inmigrantes. No caso das manifestacións, destacou como logro o conseguir que a gran maioría sexan comunicadas con antelación como establece a lei. Lembrouse tamén dos tres novos postos transfronteirizos, os dos portos de Vigo, Marín e Vilagarcía, e deste último dixo que xa se está a equipar.
En canto a equipamentos, o subdelegado considera que houbo avances importantes pero lamenta que cuarteis da Garda Civil como o de Vilagarcía e Cambados quedaran sen facer. Estes, ó igual que o caso sen resolver de Sonia Iglesias, son as súas materias pendentes.
Delfín Fernández deixa o cargo pero non a subdelegación, onde continuará o seu traballo como funcionario.
Redacción Salnés










