Nova rotura na rede de abastecemento de auga

    roturatubaxeauga.jpgBOIRO> A consecuencia das obras na Avenida da Constitución producíase tamén unha rotura na canalización do gas natural.

    {flowplayer}barbanza/roturatubaxeauga.flv{/flowplayer}

    A primeira hora da mañá producíase unha nova rotura da tubaxe da rede de abastecemento de auga, nesta ocasión no cruce da avenida da Constitución coa rúa Borobó, a escasos metros do mesmo lugar no que se viviu hai varias semanas unha nova rotura. A situación veuse agravada debido a que durante as obras de reparación desta fuga, os operarios rompían tamén, nun descoido, a tubaxe do gas natural, cuxa canalización vai parella á da auga.

    Malestar veciñal

    Por fortuna a brigada de obras municipal non tardou en solucionar a avaría, aínda que as vivendas e negocios da zona permaneceron varias horas sen auga e gas. Unha situación que está a provocar un importante malestar nos veciños debido a que este tipo de incidentes se están a coneverter nunha constante nos últimos meses.

    Renovación tubaxes

    Dende o concello volveron a incidir na necesidade de levar a cabo unha mellora nas canalizacións da actual rede de saneamento de auga desta zona, xa que as tubaxes, de fibrocemento, están xa obsoletas.

    Redacción Barbanza