A reforma da praza do Son pretende dinamizar o comercio local

reformaprazadeabastosson100.jpgPORTO DO SON> Os praceiros xa traballan nas instalacións do remodelado mercado despois de dous meses de obras.

{flowplayer}barbanza/reformaprazadeabastosson.flv{/flowplayer}

A inversión de 57 mil euros permitiu realizar unha mellora integral na praza de abastos de Porto do Son, na que destaca a recolocación dos postos de venda nun circuíto central que serve ademais como un expositor.

O alcalde de Porto do Son agarda que estas melloras contribúan a atraer máis clientes e vendedores interesados en instalar novos postos.

O deputado provincial, Manuel Ruíz, expresou a vontade da Deputación coruñesa de seguir colaborando a través dun plan de cooperación local que seguirá vixente ó longo de 2012 no que se podería incluír a construción do restaurante no primeiro andar.

Redacción Barbanza