RIBEIRA> O concello de Ribeira investirá máis de 300 mil euros na mellora do parque periurbano de San Roque. Ademais da reforma do centro de interpretación e renovación de contidos, o proxecto inclúe a actuacións en materia de accesibilidade e dotación de alumeado.
Con este proxecto, o concello de Ribeira busca a renovación completa do parque periurbano de San Roque, un dos principais recursos naturais e turísticos do municipio. A actuación principal estase a acometer no centro de recepción do visitante onde, ademaius da renovación da envolvente térmica e da cuberta, garantirase a accesibilidade coa dotación dun ascensor. Procederase tamén á actualización de contidos a través dun asistente virtual para as visitas guiadas.
Xunto coa reforma do centro, procederase tamén a facer accesible e dotar de alumeado todo o parque así como os sendeiros que conectan co casco urbano.O importe total destas actuacións supera os 313 mil euros.