O PP da Pobra denuncia a carencia de socorristas en plena tempada de verán

    POBRA> O PP da Pobra denuncia que as praias do municipio carecen de servizo de socorrismo. A mediados de xullo aínda non se ten convocado o proceso de selección dos profesionais polo que os populares estiman que, alomenos ata agosto, non haberá vixilancia nos areais. Non é un tema menor, din os populares, xa que afecta directamente á seguridade das miles de persoas que nestas datas visitas as praias da Pobra. Ó igual que o pasado ano, a tardanza na convocatoria das probas de selección dos socorristas motivou que, a día de hoxe, carezan deste servizo en todo o municipio. Dende o PP consideran inviable que se cheguen a cubrir as sete prazas asignadas a Pobra na convocatoria da Xunta posto que, a estas alturas do verán, a dispoñibilidade de profesionais é menor xa que moitos xa están contratados noutros concellos da zona. Critican a falla de planificación do goberno local que un ano máis inicia a tempada de verán sen garantir as condicións mínimas de servizos e seguridade nas praias.