A VI Xira Galega de Karting estará na TIR ata o domingo

VILAGARCÍA> Esta mañá quedou instalado en Vilagarcía, por sexto ano consecutivo, o circuíto urbano de karting, da Xira Galega de Karting. Estará situado na zona TIR ata o domingo, en horario de mañá e tarde.

{flowplayer}images/salnes/karts_120712.flv{/flowplayer} 

A clásica carreira de autoridades deu o pistoletazo de saída á Xira Galega de Karting que por sexto ano consecutivo recala en Vilagarcía, na explanda TIR. Nela participaron ademais do alcalde Tomás Fole, Francisco Fernández, de Cártitas, Pablo Louro, representante de Gadisa, patrocinadora do evento ou Alfonso González, do Porto de Vilagarcía. Deles case ningún puido seguir o ritmo de Francisco González, membro da organización. 

Os karts estarán a disposición dos vilagarciáns ata o domingo, de 12 a 14 pola mañá, aínda que mañá venres abrirá ás 10:00, e de 17 a 22 pola tarde. As tarifas volven a ser as mesmas, 7 euros para os nenos, que disporán de karts adaptados ó seu tamaño, e 10 para os maiores. Con todo, a través do Facebook de Estrella Galicia ou Coca-Cola, con Carné Xove ou con invitacións da OMIX estas tarifas redúcense á metade.

Redacción Salnés