A clausura das escolas deportivas sonenses será este próximo domingo

PORTO DO SON> O acto terá lugar no pavillón polideportivo municipal Santa Irene a partir das cinco da tarde. A coincidencia coas eleccións municipais fixo que o departamento de Deportes de Porto do Son decidise adiantar un par de semanas a clausura das escolas deportivas municipais que se viñeron desenvolvendo dende o pasado mes de outubro. Será este domingo 17 de maio nas instalacións do pavillón Santa Irene a partir das cinco da tarde. No acto tomarán parte unhas 700 persoas, a maioría deles rapaces, que participan tanto nas actividades que organiza o concello, a través dunha empresa contratada, así como tamén dos clubs locais que colaboran co concello. Haberá tamén unha exhibición de taekwondo a cargo do Club Natural Sport e outra do Club de Patinaxe de Ribeira.