![]()
PONTEVEDRA> Así respondeu o Delegado da Xunta á proposta do concello de Vilaboa á súa proposta de inclusión na DO Rías Baixas.
{flowplayer}images/salnes/INGRESO_VILABOA_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}
Trala xuntanza da semana pasada entre representantes do concello de Vilaboa e o Presidente do Consello Regulador, esta mañá o rexedor local, xunto ó edil de desenvolvemento rural e ó presidente da asociación de viticultores, reuniuse co Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra. Unha reunión cordial na que o obxectivo era expoñerlle ó goberno autonómico a súa proposta e achegarlles unha petición dado que esta demanda será debatida no pleno do Consello onde a Xunta está presente.
Pola súa banda, José Manuel Cores Tourís confesou que desde a Xunta están abertos a todo tipo de propostas pero que estamos a falar dun concello onde os viticultores contan con parcelas pequenas. Explicou, ademais, que xa hai outros municipios que demandaron tamén a súa inclusión.
Con todo, o presidente da asociación de viticultores sentenciou que aínda que conten con parcelas reducidas, os parámetros necesarios os cumpren. Por iso, explicou o alcalde van seguir mantendo reunións co sector co fin de acadar o seu obxectivo de pasar a formar parte da DO Rías Baixas.
Redacción Salnés








