RIBEIRA> Segundo os nacionalistas trátase dun problema que se repite con gran periodicidade en determinadas zonas do municipio, principalmente nos núcleos de Castiñeiras, a Ameixida, O Touro ou Martín.
O BNG faise eco das queixas de moitos veciños do municipio que están a ter problemas coa subministración da auga procedente da rede municipal durante o período de verán, con roturas e cortes continuos.
Ademais de varias zonas do casco urbano, os nacionalistas poñen como exemplo a situación que se dá nos núcleos de Castiñeiras, Os Páramos, Ameixida ou Martín. Culpan da situación ó propio executivo que mira cara outro lado, en vez de esixirlle a empresa que xestiona o servizo que cumpra coas condicións do contrato.
O BNG insiste na necesidade de municipalizar este servizo, para eles esencial. Polo que xa anuncian que traballarán para que unha vez remate a concesión prevista para o ano 2024, o servizo pase a ser prestado directamente polo Concello.