Os traballadores de Clesa retoman o encerro no interior da fábrica

    concentracion_Clesacopy.jpgCALDAS> Gran parte da plantilla permanecerá ata mañá, día no que se vai celebrar a xuntanza entre Xunta, administradores concursais e Feiraco.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTO_APOIO_CLESA.flv{/flowplayer}

    A menos de 24 horas da reunión que se vai a celebrar entre Xunta, administradores concursais e Feiraco para abordala situación da fábrica de Clesa, esta tarde os traballadores da factoría retomaron o encerro que comezaron a semana pasada. Trátase dunha medida de protesta para facerlles chegar ós administradores que a oferta de Feiraco é unha inversión comprometida cos empregados.

    Así mesmo, os grupos políticos con representación no concello de Caldas estiveron presentes nesta concentración onde procederon á lectura dun manifesto no que deixaron patente o seu apoio ós traballadores de Clesa, o seu rexeitamento ó ERE extintivo e o desexo de obter unha solución definitiva da reunión de mañá. 

    Neste senso, e cos ollos postos na reunión que se vai celebrar mañá en Madrid, a Presidenta do Comité de Empresa de Clesa sinalou que o único que queren é que se teña en conta a situación da fábrica.

    Dolores Ramos confesounos que agardarán a coñecelo resultado da xuntanza para decidir se continúan coas mobilizacións.

    Redacción Salnés